INICIO

NOBILIS MEDIOAMBIENTE é unha oficina técnica agrícola e forestal xerenciada polo enxeñeiro técnico forestal, Alfredo Loureiro.

Procuramos dar solucións ás necesidades que teñen os nosos clientes optimizando os recursos e facendo análises de alternativas para escoller sempre a alternativa óptima.

Debido á experiencia obtida ao longo da traxectoria profesional en máis de 15 anos, onde se levaron a cabo labores de responsabilidade en departamentos forestais da industria da madeira (taboleiro MDF, Pellets, Mobiliario náutico e Contract), temos adquirido un coñecemento profundo das necesidades dos mercados forestais así como dos diferentes axentes que interveñen no mesmo.

Temos a seriedade, o rigor e a calidade como parámetros non discutibles e sempre presentes nos servizos ofertados.

Mantéñase actualizado das nosas noticias, seguíndonos en facebook

 

PIDA PRESUPOSTO SEN COMPROMISO !!!